Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pepe Velo: pensador, soñador, e mestre revolucionario

Imagen de portada del libro Pepe Velo

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2000
  • Año de publicación: 2000
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-507-8
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Este libro de Antonio Piñeiro é unha crónica que recupera a nosa memoria e procede á reconstrucción histórica dun dos personaxes galegos máis singulares, Pepe Velo. En 1961, capitanenando un comando baixo as siglas do DRIL, Pepe Velo procedeu ó espectacular asalto e secuestro do barco portugués Santa María, para portestar contra as dictaduras de Franco e Salazar. Pepe Velo era sobre todo, en palabras do prologuista do libro Manuel Mera, un home que amaba a Galicia e que dedicou a súa vida a servir á súa patria e loitar contra a dictadura franquista.

    Antonio Piñeiro –xornalista ourensán, vicepresidente do Patronato Curros Enríquez e actual secretario do Seminario de Estudios Celanovenses– paséanos pola vida de Velo, desde a súa nenez á militancia galeguista, a súa participación na Federación de Mocidades Galeguistas, os primeiros poemas, á Guerra Civil, a loita clandestina en Vigo, os seus procesamentos, fuxida, ó exilio de Venezuela e a particiación no Lar Galego, ata á madurez política. Demórase nos episodios de antes e despois da captura do Santa María: a fundación do DRIL, as primeiras accións dentro do Estado español, a preparación do asalto ó barco portugués, as tensas relacións con Galvao e os problemas que se orixinan coa tripulación durante o secuestro, o exilio en Brasil e a actividade editorial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno