Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


“Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 14, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo deste traballo é examinar a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego. Con este fin analizamos tres entrevistas semi-dirixidas con nais galegofalantes que foron seleccionadas en función do tipo de hábitat, buscando o contraste no contínuum rural-urbano. A análise céntrase nas ideoloxías e formas de xestión lingüística no ámbito familiar, así como nas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos fillos e fillas. Como esperabamos, o tipo de hábitat destácase como un factor contextual de gran relevancia nos resultados da PLF declarada polas informantes. No contexto semirrural, a socialización dos nenos e as nenas no ámbito escolar e nas relacións cos iguais desenvólvese principalmente en galego, o que contribúe ao éxito da PLF. En cambio, nos contextos semiurbanos e urbanos, onde a presenza do galego é minoritaria, esta socialización fóra do fogar e das relación familiares prodúcese en castelán e actúa así como unha forza externa contraria á PLF, ata o punto de ser considerada como a causa principal do seu posible fracaso. Porén, a análise tamén detecta nos tres casos abordados unha infravaloración da xestión lingüística, que semella especialmente problemática para o éxito da PLF nos contextos urbanos e semiurbanos, xa que o mantemento do galego depende unicamente nestes casos da súa escolla como lingua de interacción cos fillos/as.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno