Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A nova normalidade no Camiño de Santiago:: reflexións para o futuro

Lucrezia López, Rubén Camilo Lois González

  • galego

    COVID-19 alterou as relacións globais e os equilibrios territoriais, e non menos afectada resultou a mobilidade, cuxas dinámicas foron reconfiguradas. O turismo foi o sector económico máis castigado pola pandemia. A presente proposta pon o foco de atención nunha realidade turística de envergadura internacional, tal e como é o Camiño de Santiago, baseado en desprazamento e mobilidade. O obxectivo é contribuír ao debate actual acerca dos impactos da COVID-19 no Camiño de Santiago e avanzar reflexións para a súa futura recuperación. Por iso, adóptase unha metodoloxía cualitativa interpretativa que pon en relación estudos anteriores e ferramentas de planificación e xestión turística. Os resultados indican un comportamento diferente a curto, medio e longo prazo, e considérase que o Camiño volverá ser o benchmark dos itinerarios de peregrinación.

  • English

    COVID-19 altered global relations and territorial balances, and mobility was no less affected, as its dynamics were reconfigured. Tourism was the economic sector hardest hit by the pandemic. This proposal focuses on a tourist reality of international impotance, such as the Way of Saint James, based on travel and mobility. The aim is to contribute to the current debate on the impacts of COVID-19 on the Way of Saint James and to advance reflections for its future recovery. For this reason, a qualitative interpretive methodology is adopted that links previous studies and tourist planning and management tools. The results indicate a different behaviour in the short, medium and long term, and it is considered that the Way will once again become the benchmark for pilgrimage itineraries.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus