Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Reflexións verbo da traducción da Biblia ó galego

  • Autores: Xesús Ferro Ruibal
  • Localización: Viceversa: revista galega de traducción, ISSN-e 1989-2853, ISSN 1135-8920, Nº. 5, 1999, págs. 11-40
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A Biblia é o libro máis traducido e máis citado da historia, quizais porque en Occidente as tres grandes relixións son relixións do libro (xudeus, cristiáns e musulmáns). Pero, como se ten dito tantas veces, aínda que estamos afeitos a ter na man un volume que se titula A Biblia, a Biblia é máis unha biblioteca ca un libro: ta biblia significa "os libriños", coma quen di "folletos"; e nin todos inclúen na palabra Biblia o mesmo número de libros.

      Xudeus, católicos e protestantes entenden por Biblia un volume de diferentes dimensións: os xudeus non recoñecen o Novo Testamento (NT); e do Antigo Testamento (AT) aceptan os libros escritos en hebreo e arameo e consideran apócrifos os libros que só aparecen na versión dos Setenta.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno