Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os estudos de Ricardo Carvalho Calero sobre Rosalía de Castro: unha achega maxistral

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 381, 2020 (Ejemplar dedicado a: Ricardo Carballo/Carvalho Calero), págs. 119-133
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The Studies of Ricardo Carvalho Calero on Rosalía de Castro: a Masterful Contribution
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Ricardo Carvalho Calero aúna na súa personalidade a condición de escritor de creación e a de científico. Ambas as dimensións revélanse óptimas para o tratamento rigoroso e innovador de Rosalía de Castro como grande escritora galega e universal. Ela é tratada como un clásico e como a creadora da literatura galega contemporánea: unha intelectual ao servizo da lingua e da patria galega, cuxo talento artístico e audacia innovadora aprofundan nas máis transcendentes perguntas da condición humana e do sentido da historia. Carvalho Calero é o autor primeiro e primordial en abordar a investigación rigorosa e integral da obra da escritora, labor que callou na súa tese de doutoramento, no discurso de ingreso na Real Academia Galega, na historia da literatura e en centos de colaboracións xornalísticas e discursivas, con particular incidencia no ano 1985, en que se conmemorou o centenario do falecemento de Rosalía de Castro. A dedicación rosaliana de Carvalho Calero é constante ao longo de toda a súa vida. Todo canto se escrebeu sobre a autora con posterioridade á achega de Carvalho Calero parte inequivocamente desta base e deste edificio de hermenéutica rosaliana, que abre o camiño, asemade, a novas perspectivas de abordaxe e interpretación da obra da escritora.

    • English

      The personality of Ricardo Carvalho Calero combines the status of a creative writer and that of a scientist. Both dimensions are optimal for the rigorous and innovative analysis of Rosalía de Castro as a great Galician and universal writer. She is approached as a classic writer and as the creator of contemporary Galician literature: an intellectual at the service of the Galician language and the Galician nation, whose artistic talent and innovative audacity delve into the most transcendent questions of the human condition and meaning of history. Carvalho Calero is the first and foremost author to address the rigorous and comprehensive research of the writer’s work, an endeavour that culminated in his doctoral dissertation, his induction speech for the Royal Galician Academy, his História da Literatura Galega Contemporánea [History of Contemporary Galician Literature] and hundreds of pieces of journalism and public speeches, especially in 1985, when the centenary of the death of Rosalía de Castro was commemorated. Carvalho Calero’s interest in Rosalía de Castro is constant throughout his life. Everything that was written about the author after Carvalho Calero’s contribution is unequivocally based on his work and on this construction of a hermeneutics for de Castro’s production, which also opens the way to new perspectives on approaching and interpreting the writer’s work.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno