Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ricardo Carballo, o grupo Galaxia e a Academia: Políticas da lingua en tempos adversos (1950-1975)

Henrique Monteagudo Romero

  • galego

    O relatorio analiza a traxectoria intelectual de Ricardo Carballo no período 1950-1975, considerándoa no marco da política lingüística do grupo Galaxia, co que partillou a ideoloxía (galeguismo), os obxectivos (defensa e promoción da cultura galega como elemento nuclear da identidade nacional) e as estratexias, nomeadamente en relación coa Real Academia Galega. Como filólogo do grupo, Carballo centrou o seu labor en dous aspectos centrais do proxecto cultural de Galaxia: a literatura e a lingua.

  • English

    The report analyses the intellectual trajectory of Ricardo Carballo in the period 1950-1975, approaching it through the framework of the language policy of the Galaxia Group, whose ideology (Galicianism), objectives (the defence and promotion of Galician culture as a core element of national identity) and strategies, namely in relation to the Royal Galician Academy, he shared. As a philologist in the group, Carballo focused his work on two central aspects of Galaxia’s cultural project: literature and language.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus