Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de ODS e Cambio Climático: os mitos do “crecemento verde”

Ana Belén Puñal Rama, Xabier Vázquez Pumariño (entrevistado), Manuel Casal Lodeiro (entrevistado)

  • É posíbel un desenvolvemento que sexa sostíbel? Podemos seguir a medrar sen que o mundo colapse? Ten sentido, polo tanto, o propio concepto de Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel? Esta é outras cuestións foron abordadas nesta conversa con dous activistas galegos de fondo compromiso ambiental, Xabier Vázquez Pumariño e Manuel Casal Lodeiro, tamén coñecido nas redes como “Casdeiro”. Un diálogo a tres bandas que houbo de desenvolverse por videoconferencia no mes de setembro de 2020, en pleno contexto pandémico e cos incendios devastando o planeta. Ao longo das seguintes liñas, que procuran sintetizar o que se falou nesa case hora e media que compartimos, percorreremos cuestións como as iniciativas comunitarias ao redor da loita contra o cambio climático, ou as incoherencias das políticas e estratexias que din querer facerlle fronte, dende o ámbito máis local até o global.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus