Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha aproximación ás masculinidades, á saúde e aos riscos laborais

  • Autores: Jesetxu Riviere
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 37, 2020, págs. 105-119
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxecto deste artigo é reflexionar sobre a relación da construción das identidades masculinas coa saúde e cos riscos laborais e en que forma esta análise nos serve para establecer medidas preventivas dirixidas especificamente a homes.

      A aplicación da perspectiva de xénero á saúde e a prevención dos riscos laborais supón recoñecer o feito de que existe unha construción cultural e social distinta para cada sexo —construción de xénero—, e que por iso pode haber diferenzas entre mulleres e homes1 en relación coa saúde no mundo laboral entendendo por esta, segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), o estado de pleno benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de enfermidade.

      Na nosa sociedade, onde a desigualdade de mulleres e homes aínda é unha realidade, non existe un único modelo de masculinidade e non todos gozan do mesmo poder e prestixio sociais, analízase no artigo cales son actualmente os que gozan de recoñecemento na nosa sociedade e son influentes no mundo laboral en relación coa saúde e coa prevención de riscos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno