Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Transversalidade e Proxecto Educativo: A Educación paro a Paz

Xesús R. Jares

  • A Reforma educativa en España, primeiro coa LODE e especialmente coa LOXSE, vai supoñer a oficialización da Educación para a Paz (EP), tanto na súa vertente xurídica (Art. 2.ge l.g, da LODE e LOXSE, respectivamente), asi como na súa dimensión educativa coa incorporación dos denominados "temas transversais" na actual Reforma educativa. Un dos oito temas transversais que o Ministerio de Educación e Ciencia formula nos DCBs e que recolle a Consellería de Educación nos decretos correspondentes é o que nos ocupa: a Educación para a Paz (EP). Dimensión educativaque sen dúbida ten sido un dos eixos de actuación máis característicos e caracterizadores de Nova Escala Galega nos seus dez anos de andadura. Nesta entrega desenvolvemos, en primeiro lugar o significado e algunhas preocupacións básicas en torno ós temas transversais; a continuaci ón explicamos o modelo de EP co que traballamos e, en terceiro lugar, ofrecemos algunhas suxerencias para introducir a EP . no Proxecto Educativo de Centro (PEC).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus