Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Actividade física en alumnos con necesidades educativas especiais: Unha aposta polo mestre especialista en educación especial na intervención educativa motriz

  • Autores: Aurora Martínez Vidal
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 32 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Escola e sociedade da información), págs. 78-83
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A actividade física adaptada non é un concepto novo. En todo caso as razóns de cómo, porqué e para quén debe adaptarse o exercicio físico foron cambiando ó longo do tempo.

      Púidose comprobar como a énfase terapéutica da motricidade, tradicionalmente arraigada en diferentes culturas, se orientou actualmente cara ós novos modelos, pedagóxico e deportivo, ó tempo qUé'se pasou dun sistema institucional de segregación a un modelo de integración e normalización. Por outra parte, termos clásicos como deficiente, minusválido ou subnormal, deixan paso a outros en maior consonancia co recoñecemento do dereito á diversidade das persoas en tódalas manifestacións, educativas, recreativas ou competitivas. Referímonos ó termo "Necesidades Educativas Especiais" (NEE) que evita a discriminación apoiándose nas AURORA MARTÍNEZ VIDAL.

      U. DE VIGO 1. Aproximación histórica. Antecedentes e modelos Otratamento dado ó exercicio físico en individuos con dificultades foi obxecto de distintos enfoques, encontrando antecedentes na utilización do movemento que responden a tres modelos diferentes: terapéutico, deportivo e, moito máis recente, o propiamente educativo. Estes dous últimos, educativo e deportivo, non tiveron o mesmo desenvolvemento.

      Mentres o deporte cobra gran interese social e institu-· cional, expansionándose extraordinariamente, a EF do alumno con discapacidades presenta dificultades para a súa implantación a pesar de ser legalmente contemplada nas diferentes normativas.

      capacidades, máis que nos déficit dos individuos.

      Fronte á integración do discapacitado na práctica deportiva de competición e a súa repercusión social nas últimas décadas, a actividade física no contexto educativo reacciona lentamente; interesa máis pola súa trascendencia nas aprendizaxes escolares, que en si mesma, como medio de desenvolvemento persoal, social e ata cultural.

      A pesar das diferentes normativas, aínda presenta dificultades para a súa implantación no terreo práctico, tanto pola formación de especialistas, como pola inclusión dos mesmos nos equipos interdisciplinares e, moi especialmente, pola falta de conexión entre o especialista de Educación Física e o de Educación Especial, sendo o primeiro quen pola súa formación pode prestar importante apoio na intervención educativa desde a área de Educación Física.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno