Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pierre Sané: Secretario Xeral de Amnistía Internacional

  • Autores: Xesús R. Jares (entrev.), Pierre Sané (entrevistado)
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 33 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Educación e dereitos humanos), págs. 31-35
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Desde outubro de 1992, o senegalés Pierre Sané é responsable da xestión diaria dos asuntos internacionais deste movemento internacional independente de dereitos humanos e está á fronte do seu Secretariado Internacional en Londres. É o principal voceiro da organización e representa ó movemento ante os gobernos, organizacións internacionais, medios de comunicación e a opinión pública en xeral. Membro de Al desde 1988, Pierr~ Sané afirma que aceptou o cargo de Secretario Xeral porque "traballar pola universalización efectiva do disfrute e a protección dos dereitos humanos é o maior servicio que se pode prestar ós débiles ou desposuídos das nosas sociedades". Antes de incorporarse a Amnistía Internacional (Al), Sané traballou durante quince anos como director rexional para África Oriental e Meridional do Centro de Desenvolvemento Internacional, organismo internacional con sé en Canadá.

      Como Secretario Xeral de Al, Sané ten visitado numerosos países para expoñe-Ias preocupacións da organización directamente ós que ocupan posicións de autoridade. En 1997, ante o Conseilo de Seguridade da ONU, Sané subliñou que a atención ás cuestións de dereitos humanos non só pode servir de alarma temperá dun conflicto potencial, senón que tamén aumenta as posibilidades de establecer unha paz duradeira. Sané ten 49 anos de idade, está casado e ten dous Hilos.

      Nado en Dakar, Senegal, é cidadán senegalés e actual!llente reside en Londres, Reino Unido


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno