Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Impacto do programa galego de detección precoz do cancro de mama ((PGDPCM) sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia.: Período 1980-2012

    1. [1] Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Xunta de Galicia
    2. [2] Centro Nacional de Epidemiología, Instituto de Salud Carlos III y CIBERESP
  • Localización: XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións: Lugo, 22-23-24 de outubro de 2015. Actas / María José Ginzo Villamayor (ed. lit.), José María Alonso Meijide (ed. lit.), Luis Alberto Ramil Novo (ed. lit.), 2015, ISBN 978-84-8192-522-7, págs. 266-272
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • En Galicia, no ano 1992, púxose en marcha o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM), dirixido inicialmente ás mulleres galegas de 50 a 64 anos, aínda que na actualidade abarca ata 69 anos de idade. O obxectivo deste traballo foi estimar o impacto do programa sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia, a través dunha análise idade-período-cohorte. Para isto axustouse un modelo de regresión binomial negativa no que a variable resposta foi o logaritmo das taxas específicas de mortalidade por cancro de mama e as variables explicativas foron: a idade, o período, a cohorte, o cribado considerando a participación e a incidencia de cancro de mama. Os resultados obtidos amosan unha redución do 29% (IC95%: (25, 33)) no risco relativo de morrer por cancro de mama para as mulleres que pasaron polo programa (naqueles concellos nos que se observou unha boa participación) en comparación co grupo de mulleres non cribadas. Este efecto podería estar asociado a un impacto positivo do PGDPCM aínda que non é posible diferencialo totalmente doutros efectos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno