Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Violencia adolescente nas redes sociais por transgredir a heteronormatividade sexual obrigatoria

Milena Villar Varela, Aixa Permuy Martínez, María José Méndez Lois

  • O sistema heteropatriarcal no que vivimos e o seu pensamento heteronormativo, conducen e provocan diversas formas de violencia contra aquelas persoas que non encaixan no esquema dualista, a LGTBIfobia, entendida como o odio, rexeitamento ou actitude hostil cara a lesbianas, gays, bisexuais, trans (Platero, 2014) e intersexuais en particular, ou cara á diversidade sexual e de xénero en xeral (Fumero, Moreno e Ruiz, 2016). Coa chegada da revolución tecnolóxica, esa estrutura patriarcal presente na sociedade traspasa fronteiras e aséntase tamén no ciberespazo. Isto dá lugar a un novo tipo de violencia de xénero: as violencias 2.0. Co obxectivo de proporcionar visibilidade ás violencias de xénero 2.0 na mocidade actual, a Universidade de Santiago de Compostela participou, xunto a outras oito universidades españolas, nun proxecto liderado pola Universidade de Barcelona no que se levou a cabo un estudo cunha ampla mostra de adolescentes. O traballo que se presenta pretende analizar as experiencias que ten a mocidade en relación á violencia de xénero 2.0 na comunidade autónoma de Galicia. Trátase de identificar a incidencia de condutas violentas a partir da transgresión da heteronormatividade sexual obrigatoria e aportar, a modo de conclusión, unha serie de directrices que permitan a inclusión da perspectiva de xénero na Educación Secundaria Obrigatoria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus