Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Violencia obstétrica en españa, realidade ou lenda? 17.000 mulleres opinan

    1. [1] Servizo Galego de Saúde
  • Localización: (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Águeda Gómez Suárez (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 409-420
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Obxectivo Investigar a calidade percibida polas mulleres atendidas con motivo dun proceso obstétrico en centros sanitarios españois, e a súa satisfacción cos coidados recibidos.Material e Método Estudo descritivo retrospectivo mediante enquisa en liña anónima. Resultados Da mostra de 17.677 respostas, a atención polos sanitarios obtivo unha nota media de 6,9 sobre 10. O 45,8 % das mulleres opinaron que os sanitarios non solicitaron o seu consentimento informado antes de cada técnica realizada, e o 49 % que non tiveron posibilidade de clarexar dúbidas ou expresar medos. O 38% percibiron que durante o parto recibiron procedementos que non necesitaban e/ou podían ser prexudiciais para a súa saúde. O 34 % opinaron que sufriran violencia obstétrica. Conclusións O nacemento dun fillo/a ou a súa perda son eventos que deixan unha importante pegada na saúde dunha muller e da súa familia. Os/as axentes de saúde debemos reflexionar sobre o impacto xerado polos nosos coidados, a necesidade de basealos en evidencia científica, e a obriga de respectar os dereitos das usuarias, mesmo se non os coñecen ou non os chegan a esixir. Os resultados recoñecen áreas nas que se poden e deben mellorar as prácticas de atención obstétrica, incluíndo o trato.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno