Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A integración do enfoque de xénero nos estudos de Grao en Educación Social nas universidades galegas

Natalia Domínguez Galán, Noelia Darriba García, Isabel Taboada Mougán

  • Este artigo nace da preocupación do grupo de traballo en igualdade de xénero do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (en diante Ceesg), Fiadeiras, por garantir a integración do enfoque de xénero nos estudos conducentes ao título de grao en Educación Social. Para ilustrar a necesidade de pór atención á formación inicial das futuras educadoras e educadores sociais, analizamos o plan de estudos do grao en Educación Social das Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago, onde pode estudarse presencialmente. A través dunha revisión das guías docentes das distintas materias ábrese o debate sobre da transversalidade do enfoque de xénero nos diferentes ámbitos de especialización profesional. Igualmente, destácase a importancia de contar cunha materia obrigatoria ao longo dos catro anos de formación En todo caso, a principal conclusión deriva da necesidade de afondar na aposta por integrar o enfoque de xénero na formación inicial das educadoras e educadores sociais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus