Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Presentación do tema. Sobre o Monográfico Respostas Educativas Innovadoras ao Cambio Climático

Francisco Sóñora Luna

  • English

    Introduction to Innovative educational responses to climate change

  • galego

    Este monográfico aborda fórmulas para dar respostas innovadoras para a acción educativa urxente e de emerxencia fronte ao cambio climático para así atender ás demandas feitas polos estudantes de todo o mundo nas mobilizacións internacionais iniciadas neste ano 2019. Por iso, o presente monográfico incorpora unha serie de retos colaborativos de creación e investigación por parte dos escolares para xerar produtos de sensibilización da cidadanía fronte ao cambio climático. Tamén inclúe investigacións escolares en colaboración con investigadores que formulan como obxectivo a comprensión dos cambios ambientais a escala local así como os seus impactos potenciais sobre a sociedade próxima. Abórdase tamén a introdución do proxecto Climántica no Colexio Madrid de Cidade de Mexico, como modelo de inclusión eficaz das respostas educativas ao cambio climático á escola. O monográfico remata con un artigo teórico sobre o potencial da Ética Educativa sobre a descarbonización das sociedades e dos estilos de vida, da escala individual á escala global, que está a ser cada vez máis demandado polas escolas e que permite visualizar o relevancia desta liña de Pedagoxía Social Escolar que se desenvolve a través das sinerxias establecidas entre o Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental e o proxecto Climática.Por tanto os catro artigos do monográfico poñen en valor o traballo de catorce anos do proxecto Climántica centrando a súa atención na necesidade contemporánea de xerar nas escolas respostas educativas ao cambio climático cunha base científica, artística, social e ética, e con potencial de transferencia dos produtos desas respostas educativas á sociedade. Para isto, urxe establecer alianzas entre escolas e diferentes sectores sociais relevantes coa finalidade de dar respostas educativas eficaces ao cambio climático nun escenario en que a alteración antrópica do planeta constitúe o principal reto para a humanidade no século XXI. Os efectos do cambio global e, en particular, do cambio climático, xa se están sentindo en todas as rexións do Planeta, producindo importantes impactos nos ecosistemas terrestre e mariños e poñendo ademais en risco a seguridade alimentaria polos seus efectos sobre a agricultura e sobre o océano.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus