Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Lentes para cegos: Premio Desafío Programación, categoría STEM iniciación 2018, nos Desafío STEM: programación, robótica e impresión 3D da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

  • Autores: Raúl Caneiro Paz, Iago Barros Fernández, Reyes Montero Vale
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 77, 2019
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • As lentes para cegos son o resultado dun proxecto da materia de Tecnoloxía no curso 2017/18, no que un equipo de alumnos de terceiro da ESO (Iago Barros Fernández e Raúl Caneiro Paz) deseñou en 3D, co programa Autodesk Fusion 360, e posteriormente imprimiu unhas lentes que dotaron de sensores de ultrasóns, zoadores e motores vibradores, os cales programaron con Arduino. Os sensores de ultrasóns están situados no frontal e nos laterais das lentes, un zoador en cada patilla e un motor a cada lado. Os sensores detectan obstáculos preto do usuario e, en función da proximidade do obstáculo, soará un son máis ou menos repetitivo no zoador do lado no que se atopa o obstáculo e vibrará o motor do mesmo lado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno