Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Facemos visible o invisible

  • Autores: Felisa Redondo Valín
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 76, 2018
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • No noso constante e continuo compromiso co tema da igualdade, as actividades desenvolvidas no curso 2017/18 no IES Ánxel Fole obedeceron á denuncia de prácticas de (in)visibilización que normalizan e perpetúan comportamentos sexistas. A aceptación inconsciente de micromachismos no uso cotián da linguaxe e a invisibilización da muller en distintos ámbitos constituíron os eixes primordiais sobre os que se articulou todo o proxecto. Participamos no Plan Proxecta Donas de si e no Contrato-Programa Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade nos centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e colaboramos con distintas institucións (Ministerio de Educación, Ciencia e Deporte, Consellería de Educación, Universidade de Santiago de Compostela, Secretaría Xeral de Igualdade e Casa da Muller do Concello de Lugo, Deputación de Lugo e distintos medios de comunicación). Organizamos as I Xornadas de Igualdade que foron o acicate para a reflexión, o compromiso, a motivación e a concienciación, cimentos básicos na procura dunha educación igualitaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno