Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Nación, literatura, identidade. O caso do provincialismo galego e a proposta de Murguía

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos, ISSN 1507-7241, Nº. 20, 2014, págs. 49-70
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The Literature and the Construction of Galician Identity during the Nineteenth Century
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Ao longo do século XIX foise configurando o discurso nacionalista nas súas distintas fases ou expresións (provincialismo e rexionalismo). A literatura desempregaría unha función central para os intereses do provincialismo posto que axudou a configurar un imaxinario común e funcionou como una ferramenta da cohesión social da comunidade que comparte lazos históricos, costumes ou lingua. A teorización nacional de Galiza axudou a desenvolver a constitución dun (proto)sistema literario, a doutrina política reclamaba a literatura como un escaparate da diferencialidade con respecto ao Estado español. Os trazos que os provincialistas recalcaron como distintivos de Galiza tiveron unha especial presenza na produción literaria. Pero tamén queremos no presente artigo atender ás redes de sociabilidade que se estabeleceron entre os distintos suxeitos da intelligentsia galega, así como poñer algúns exemplos de espazos de relación social. Por último consideramos oportuno atender ao papel desenvolto pola prensa, á aparición da opinión pública e, concretamente, os artigos publicados en dous xornais de distintas épocas por parte de dous destacados líderes provincialistas: Antolín Faraldo e Manuel Murguía. Porque nestas colaboracións explicarían ou trazarían as liñas mestras do que sería a literatura galega ou a configuración do sistema literario galego.

    • English

      Throughout the XIX century was establishing the nationalist discourse in different stages (provincialism and regionalism). Literature unfold a central role to the interests of provincianlism since helped establish a common imaginary and functioned as a tool of social cohesion in the community that shares historical, customs or language. Galician literary system was liable to pay the national theory of Galicia since the political doctrine claiming to showcase literature as difference from Spain. The features that the provincials noted as distinctive of Galicia had a special presence in the literary production. But in this article we want to attend to social networks that are established between individuals of the Galician intelligentsia and give some examples of spaces of social relations. Finally we consider appropriate to take the role played by the press, the emergence of public opinion and the articles published in two newspapers of different times by two prominent leaders provincials: Antolin Faraldo and Manuel Murguía. Because these collaborations explain the lines of what would Galician literature ou the Galician literary system configuration.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno