Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Nas orixes da socioloingüística galega: a achega de Xesús Alonso Montero (1968-1973)

Henrique Monteagudo Romero

  • No presente contributo abordamos un capítulo da historia intelectual de Galicia, o referido ás ideas e debates sobre a lingua, para poñer de relevo a importantísima achega que realizou Xesús Alonso Montero. Centramos o foco nas achegas sobre a situación sociolingüística do galego deste autor publicadas nos anos 1968-1973, nomeadamente: O porvir da lingua galega (1968), O que compre saber da lingua galega (1969) e Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973). Concentramos a atención na última obra, que tomaremos como testemuño da crise da conciencia lingüística de Galicia naqueles tempos, coa conseguinte emerxencia dunha ollada máis sociolóxica sobre a situación do galego. Repararemos con especial detemento na cuestión do futuro do idioma, que será obxecto de debate desde aquela ata os nosos días.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus