Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De "Muiñeiro de brétemas" a "Advento": a progresión fulgurante

Dario Xohán Cabana

  • Cos seus tres primeiros libros, escritos de 1949 a 1951, Manuel María constrúe xa nos arredores dos seus vinte anos unha obra poética de grande altura. Muiñeiro de brétemas simboliza por unha parte a continuidade da literatura galega, pois é a primeira obra en galego publicada por un autor novo despois da guerra civil, e pola outra inaugura a Escola da Tebra. Morrendo a cada intre é un libro de máis alto valor aínda, no que se combina unha poderosa escrita de matriz surrealista cunha angustia existencial que máis ca seguir correntes foráneas é unha expresión persoal fondamente auténtica no miserable e opresivo ambiente do franquismo. E Advento é a culminación desta primeira xeira da obra poética de Manuel María: o poeta alcanza, en xeral dentro da liña existencialista do libro anterior, unha expresión máis depurada e sabia ó servizo dunha sentimentalidade máis modulada, máis rica e asemade máis depurada, todo o cal fai que o relator considere Advento como un dos máis fermosos libros da poesía galega de todos os tempos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus