Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Mulleres diante: Rostros femininos e acción colectiva no rural galego

  • Autores: Ana Cabana Iglesia
  • Localización: Boletín galego de literatura, ISSN 0214-9117, Nº. 50, 2017, pág. 5
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Fronte á idea asentada da inexistencia de accións sociais colectivas de carácter reivindicativo no rural galego ata as últimas datas do franquismo e ós estereotipos de xénero do nacionalcatolicismo que relegaban á muller a un espazo privado definido pola submisión, o presente texto trata de resaltar a presenza de mulleres á cabeza de movementos de protesta nese período. E farémolo seguindo o fío condutor das reivindicacións en contra da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos que materializaron as labregas do concello de Pontevedra nos anos cincuenta. Trataremos de interpretar as estratexias empregadas para manobrar dentro das circunstancias impostas por un réxime ditatorial así como escudriñar no universo simbólico ó que apelaban para arrogarse a representación das súas familias e comunidade nun momento de conflito aberto

    • English

      Against the idea of the absence of collective social actions of protest in the rural Galicia until the last phases of Francoism and also the gender stereotypes of Nationalcatolicism that relegated women to a private space defined by submission, this paper highlights the presence of women leading movements of protest in this period. We will prove it by studying the complaints against the Francoist rural Trade Union “Brotherhood of Peasants and Cattlemen” who accomplished women at rural areas of Pontevedra in the fifties. We will analyze the strategies used to maneuver within the circumstances imposed by a dictatorial regime as well as we will evaluate the symbolic universe to which they appealed to attribute the representation of their families and community in open conflict periods


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno