Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Prevencion e epidemioloxía dos transtornos da conduta alimentaria en estudantes de secundaria galegos/as. Resultados preliminares

María Calado Otero, Carmen Rodríguez del Toro, Jesús Pérez Hornero, María José Gastañaduy Tilve, Pedro Manuel Ruiz Lázaro

  • galego

    OBXECTIVO: prevención e epidemioloxía en TCA en adolescentes precoces galegos/as.

    METODOLOXÍA: ensaio aleatorizado con grupo de intervención (currículo ZARIMA) e grupo control nunha mostra comunitaria de estudantes de 1º de ESO durante o ano 2007 con seguimento aos doce meses. Avaliación: mediante o Eating Attitudes Test-26 e a entrevista diagnóstica SCAN3 para detectar os casos de transtornos alimentares. RESULTADOS: participan 16 centros de Santiago, Vigo e Ourense de titularidade pública e privada cun total de 30 aulas. O 10,45% dos/as estudantes estaban en risco de TCA durante o primeiro ano fronte ao 5,9% durante o segundo ano. A prevalencia puntual de Transtornos da Conduta Alimentaria (TCA) o primeiro ano é de 7/641, o 1,1,% de Transtornos da Conduta Alimentaria Non Especificados (TCANE) F50.9; mentres que, a prevalencia puntual de TCA no segundo ano é de 6/595, o 1% de TCANE F50.9 e de Bulimia Nerviosa (BN) F50.3. CONCLUSIÓNS: os resultados amosan unha importante diminución do risco de TCA ao ano de seguimento, mentres que se mantén estábel a porcentaxe de casos novos detectados.

  • English

    OBJECTIVE: Prevention and epidemiology in Eating Disorders (ED) in galician early teenagers.

    METHODOLOGY: Randomized trial with an intervention group (curriculum ZARIMA) and a control group in a community sample of 1st Course of Secondary Education students during 2007 with twelve months follow-up.

    EVALUATION: By means of the Eating Attitudes Test-26 and the SCAN3 diagnostic interview in order to detect eating disorder cases. RESULTS: The study was conducted in 16 public and private centers of Santiago, Vigo and Orense with a total of 30 classrooms. 10,45% of the students were in risk of ED during the first year in contrast with 5,9% during the second year. The punctual prevalence of ED in the first year was of 7/641, the 1,1,% of Eating Disorders Not Otherwise Specified (EDNOS)F50.9; while, the punctual prevalence of ED in the second year was of 6/595, 1% of EDNOS F50.9 and Bulimia Nervosa (BN) F50.3.

    CONCLUSIONS: Our results show an important decrease of the risk for ED at the end of the year of follow-up, while remains stable the percentage of new cases detected.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus