Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Accións urxentes para a mitigación do risco de erosión tras o incendio forestal en Galicia

Cristina Fernández Filgueira, José Antonio Vega Hidalgo, María Teresa Fontúrbel Lliteras

  • Para limitar o risco de erosión post-incendio cómpre tomar un conxunto de decisións e realizar una serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias do outono desencadeen os peores efectos. Unha vez que o incendio foi extinguido, os xestores do territorio teñen que facer fronte a: i) unha avaliación preliminar do impacto causado polo lume nas bacías afectadas; ii) unha estima dos efectos potenciais fóra da área queimada e iii) decidir que actividades post-incendio van ser implementadas, cando, onde e como. Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións. Neste traballo descríbese brevemente como se leva a cabo esa planificación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus