Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Inmigración e violencia de xénero

  • Autores: Carmen Verde Diego
  • Localización: II Xornada Universitaria Galega en Xénero / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Anabel González Penín (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2014, ISBN 978-84-9749-599-8, págs. 275-287
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo aborda a violencia de xénero que sofren as mulleres inmigrantes en España. Tenta explicar cáles son os principais factores que provocan que estas mulleres sexan máis vulnerables á violencia de xénero que outras que non viviron procesos migratorios. Isto é, pretende dar resposta ao por qué a inmigración constitúe un agravante engadido á violencia machista.

      Comézase cun apartado destinado a clarificar algunhas cuestións en relación ás investigacións sobre as migracións das mulleres e a súa análise a partir da categoría de xénero: é unha introdución necesaria para comprender a �invisibilidade� do fenómeno da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes.

      Continúase coa cuestión central deste traballo: as cifras sobre violencia de xénero en mulleres inmigrantes que residen en España. As Fontes sobre violencia de xénero e o tratamento da presentación dos datos estatísticos mostran cómo se ten ocultado ou sesgado o impacto da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes.

      Pero as cifras son soamente unha introdución para afondar nos factores que agravan a violencia de xénero entre este colectivo. Estes son analizados poñendo o acento, en primeiro lugar, nos condicionantes que o xénero provoca nas persoas cando migran, isto é analizando cómo as mulleres vivencian os procesos migratorios de forma diferenciada a dos inmigrantes varóns. En segundo lugar, profúndase nas características que posúen e nas situacións que viven as mulleres inmigrantes para comprender mellor os factores que as converten en persoas mais vulnerables á violencia de xénero que outras mulleres que non experimentaron unha migración.

      O artigo finaliza cunha reflexión persoal sobre a idoneidade e eficacia da lexislación española, dos sistemas de protección e da intervención social coas mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno