Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Violencia simbólica, violencia real: a cultura que nos agrede

  • Autores: María Belén Martín Lucas
  • Localización: II Xornada Universitaria Galega en Xénero / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Anabel González Penín (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2014, ISBN 978-84-9749-599-8, págs. 215-224
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A persistencia dos valores sexistas patriarcais no pensamento hexemónico das nosas sociedades explica a continuidade nas agresións ás mulleres e nenas a pesar das medidas policiais e xudiciais contra a violencia de xénero. A violencia sexista ten moitas formas e manifestacións, pero todas elas teñen a súa orixe no pensamento patriarcal, e por isto a única prevención da violencia física e psicolóxica de xénero eficaz é a concienciación da sociedade no pensamento feminista. Este artigo analiza a violencia simbólica en diversos medios culturais�literatura, publicidade, cine, vídeos musicais,artes plásticas�, ofrecendo exemplos de intervencións feministas que expoñen os valores misóxinos que nos arrodean. Estes exemplos son meros indicios representativos do insidioso traballo de concienciación na submisión que recibimos deseguido, desde a invisibilización da nosa presenza na linguaxe até a representación pornográfica violenta nos vídeos musicais, pasando polas representacións tradicionalmente sexistas no cinema, a publicidade ou a literatura. A principal premisa no artigo é que a interiorización dos modelos de xénero sexistas transmitidos nas manifestacións culturais dominantes constitúe en si mesma un importante factor de risco. A análise de textos escritos e visuais revela o fortísimo enraizamento dos valores misóxinos na cultura, que están a revivir un forte rexurdimento co movemento neoliberal consumista da globalización. O idealizado retorno ao espazo doméstico e á maternidade promovido na cultura resulta moi eficaz para o desmantelamento dun estado de benestar do que as principais beneficiarias son as mulleres, e que vaia acompañado dun aumento de vítimas de violencia de xénero non sorprende cando se mira o mundo con lentes violetas. Cómpre desenmascarar os mitos posfeministas para erradicar a violencia e construír unha sociedade igualitaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno