Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Variación e distancia lingüística na Romania Antiqua: unha contribución dialectométrica ao debate sobre o grao de individuación da lingua galega

Esteve Valls i Alecha, Manuel González González

  • English

    This paper presents a first dialectometric approach to the geolinguistic distribution of the Romance varieties using a new corpus based on the Atlas Linguistique Roman(ALiR) which is currently being developed at the Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. The dialectometrization of the ALiR will not only allow us to analyze linguistic distance among the varieties of the Romania Antiqua, but may also shed light from a quantitative perspective on several issues that have historically aroused controversy. Specifically, this paper deals with the degree of individuality of the Galician language with respect to Portuguese and Spanish (a controversy closely related to the still on going debate about the standardization of Galician), and concludes that reinforcing the presence and visibility of elements shared with Portuguese in corpus planning may have a postive effect on its prestige.

  • galego

    O obxectivo deste traballo é presentar unha primeira aproximación dialectométrica á organización xeolectal do ámbito lingüístico románico en base a un corpus de nova creación que se está a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a partir dos datos do Atlas Linguistique Roman (ALiR). Alén de permitir analizar a variación e a distancia lingüística entre as variedades da Romania Antiqua, o proceso de dialectometrización do ALiR debería permitir afrontar, dende unha perspectiva cuantitativa global, determinadas cuestións que teñen xerado controversia ao longo da historia da romanística. Concretamente, este artigo céntrase na cuestión do grao de individuación da lingua galega respecto do portugués e do castelán —unha controversia que entronca directamente co debate sobre a codificación da lingua, hoxe en día aínda non pechado de todo— e chega á conclusión de que reforzar a presenza e a visibilidade dos elementos comúns co portugués durante a planificación do corpus podería repercutir moi positivamente na matriz de trazos valorativos asociada a esta lingua.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus