Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia

Javier Ferreiro da Costa, Pablo Ramil Rego

  • A titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nas primeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de titularidade ou tutela públicas. A partires da promulgación da política autonómica, o conxunto de espazos naturais protexidos galegos aumentará a súa superficie de xeito espectacular, sobre todo coa posta en marcha da Rede Natura 2000, realizándose este incremento fundamentalmente sobre territorios de titularidade privada. A planificación destes espazos soamente será desenvolvida de xeito heteroxéneo, acumulando prolongados retrasos e conflitos na conservación e xestión dos compoñentes naturais. Dende o ano 2007 ata a actualidade, as declaracións de espazos de iniciativa municipal e privada son as predominantes, executando os correspondentes instrumentos de planificación os propios promotores dos devanditos espazos, amosando unha maior axilidade e eficacia no cumprimento dos prazos que os espazos de tutela autonómica. Neste sentido, na actualidade estanse a configurar novas ferramentas para a xestión e conservación das áreas privadas, como a custodia do territorio, así como se consolidan iniciativas para a declaración de espazos que contribúan á conservación da biodiversidade e a promoción do desenvolvemento sostible, como é o caso das Reservas de Biosfera.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus