Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Recuperación e posta en produción de terras abandonadas: a visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras

  • Autores: Lidia Osorio Castelao, Eduardo Corbelle Rico, Francisco J. Onega López
  • Localización: Recursos rurais: revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER ), ISSN-e 1885-5547, Nº. 10, 2014, págs. 7-14
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo busca caracterizar aos usuarios potenciais das terras que actualmente se atopan en situación de abandono ou infrautilización en Galicia. O sector vacún leiteiro constitúe o núcleo básico do sector agrario galego polo que coñecer a súa opinión como demandantes de terra é unha prioridade para poder establecer un plan de mobilidade de terras. A través da aplicación dunha variante da metodoloxía Delphi comprobouse que dende o sector existe un interese por conseguir máis terra e poder aumentar así a base territorial das explotacións e, en consecuencia, a súa capacidade produtiva. A falta de información tanto técnica como lexislativa relativa aos instrumentos que poden axudar á mobilización de terras e o seu funcionamento, quedou presente en moitos dos xuízos emitidos polo panel de expertos consultados para este traballo, polo que este constituiría o primeiro paso cara a consecución dunha mobilidade efectiva de terras.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno