Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os espazos naturais protexidos na Galiza: breve ensaio de xeografía crítica

Valerià Paül i Carril, Xosé Manuel Santos Solla, Miguel Pazos Otón

  • Nos últimos anos estáselles prestando especial atención as áreas naturais protexidas. Acéptase, por exemplo, que deben ser un suxeito activo dos plans de ordenación posteriores e que o seu recoñecemento incrementará a frecuencia turística. En efecto, é habitual que se inclúan mapas dos espazos naturais protexidos en guías e folletos, así como en plans de distinta natureza (territoriais, urbanísticos, etc.), como se fosen o marco territorial idóneo para a toma de decisións. Porén, neste breve artigo1 queremos pór de manifesto que a declaración destes espazos é fundamentalmente unha construción política e que dista, polo tanto, de ser un acto neutro, até o punto de que os espazos protexidos non sempre teñen correspondencia coas áreas máis vulnerábeis e de maior valor natural e ambiental.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus