Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Patróns de despoboamento do rural galego: Unha análise por comarcas

Xosé Martínez, David Peón

  • galego

    Levamos a cabo unha análise estatística para contrastar e cuantificar algunhas das observacións clásicas na problemática demográfica de Galicia e a súa polaridade rural – urbana. Primeiro, íllase o efecto arrastre demográfico para identificar distintos patróns de despoboamento a nivel comarcal ao longo das últimas dúas décadas descontado o efecto migratorio histórico. Esta análise mostraría unha visión alternativa do proceso de despoboamento, caracterizada pola conformación dun anel central de dinámica demográfica positiva a partir das cidades galegas de interior. Segundo, profúndase na análise estatística da polaridade rural – urbana cunha medición do papel xogado por diversos parámetros de vertebración xeográfica da poboación galega. A este efecto, resultan determinantes a poboación da cabeceira de comarca –cunha perda de poboación do -0,83% anual nas comarcas con cabeceira inferior a 5.000 habitantes- e a distancia por estrada á máis próxima das sete cidades galegas –cun -0,27% adicional. Terceiro, descontado o efecto arrastre da emigración pasada e vertebración xeográfica do territorio, explícase a evolución das distintas comarcas en función da distribución sectorial do PIB, ao efecto de identificar os sectores económicos que máis axudaron no pasado recente a conter o devalo demográfico das comarcas rurais

  • English

    We perform a statistical analysis to test and measure some of the classic results about the demographic perspectives of Galician population and the rural – urban polarity.

    First, we isolate a drag effect from historical emigration to identify different patterns of depopulation at county level over the past two decades without the historical migration effect. This analysis would show an alternative view of the depopulation process, characterized by the formation of a central ring of positive demographic dynamics from the Galician cities inland. Second, we extend the statistical analysis of the rural – urban polarity with a measurement of the effect by various parameters on the geographical population structuring. The shire town population –with a population loss of -0.83% per year in counties with a shire town of less than 5,000- and the driving distance to the nearest of the seven Galician cities -with an additional -0.27%- reveal determinant. Third, beyond the drag effect of past migration and the geographical structure, the performance of the different counties is explained in terms of the sectorial distribution of GDP, with the purpose of identifying the economic sectors that helped the most, in the recent years, to contain population decline in rural counties.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus