Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O galego, lingua de moda: algunhas solucións terminolóxicas

  • Autores: Raquel Vila Amado
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 5, 2013, págs. 215-249
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O mundo da moda require dunha actualización continua dos termos lingüísticos, debido á creación de novas pezas de roupa ou calzado ou á aparición de variantes ou evolucións doutras xa existentes.

      Como en calquera outro sector comercial ou industrial, no téxtil tamén é imprescindible dispoñer dun compendio léxico que nos permita referirnos a cada un dos seus elementos con precisión e sen lugar a confusións ou malentendidos. Neste artigo analizamos unha ducia de termos procedentes do ámbito da moda, a maioría deles creados a partir de préstamos ou calcos doutras linguas (nomeadamente inglés e castelán). De cada un destes termos analizamos a súa presenza nos dicionarios galegos de maior uso, así como as referencias nos diferentes córpora do galego. Así mesmo, establecemos unha análise comparativa das solucións desenvolvidas nas linguas da nosa contorna (castelán, portugués, catalán, francés e italiano) e estudamos a súa orixe histórica. Finalmente, e a partir da información recollida, para cada un dos termos analizados ofrecemos a solución que nos parece máis acaída, en función da extensión do seu uso, a súa correspondencia con vocábulos propios do galego e as posibilidades de éxito da súa incorporación á lingua, en caso de propostas novidosas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno