Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Diferenzas e converxencias dialectais dentro do concello de Castrelo do Val

Aquilino Alonso Núñez

  • Este estudo dialectal esta centrado na fala do concello de Castrelo do Val (Ourense, Espana). Os obxectivos fundamentais del consisten en demostra-la singularidade de cada fala do municipio investigado e as converxencias de falas existentes nel. Apoiandome en diversos marcadores dialectais (pronuncia de sogro, de sogra, de esterco, de medo, de novo, e de birollo; evolucion dos grupos latinos -.lt-, -.ct- e -.ct-; presenza de vinen, bidueiro e filloas ou variantes destes elementos, etc.) demostrei que cada lugar estudado presenta unha fala distinta a dos outros lugares e tamen demostrei que se conformaron catro zonas linguisticas converxentes no concello de Castrelo do Val:

    o val, a parroquia de San Xoan de Servoi, a parroquia de Santa Eufemia de Piornedo e o norte (a antiga parroquia de Santiago de Campobecerros e a sua anexa de San Miguel de Portocamba). O obxectivo secundario consiste en determina-las falas innovadoras e as conservadoras do municipio. Concluo que, en xeral, estan entrando innovacions no val tales como din (cf. dei no norte do concello);

    agora ben, tamen pode existir unha innovacion nun lugar do norte (por exemplo, vinen en Veiga de Nostre) ou unha forma conservadora no val (por exemplo, vin en Pepin, en Ribas, en Gondulfes e en Castrelo do Val). Os datos do traballo proceden de duas enquisas con preguntas indirectas realizadas en todolos lugares do concello a falantes con poucos estudos ou sen ninguns. Ademais, tamen fixen gravacions en todolos lugares do municipio para matizar ou corrobora-los datos recollidos nas enquisas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus