Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A codixestión anaerobia como sistema de produción de enerxía a partir de residuos

Juan Antonio Álvarez, María Dolores Garabatos Pardo

  • A dixestión anaerobia é un proceso biolóxico en que a materia orgánica, en ausencia de osíxeno e pola acción dun grupo específico de bacterias, se transforma en produtos gasosos ou �biogás� (CH4, CO2, H2, H2S, etc.) e nun �dixestato�, que é unha mestura de sales minerais (con N, P, K, Ca etc.) e materia orgánica de difícil degradación.O biogás contén unha elevada porcentaxe de metano, CH4, (50-70%) e é susceptible dun aproveitamento enerxético mediante combustión en motores, turbinas ou caldeiras, quer illadamente, quer mesturado con outros combustibles. O proceso controlado da dixestión anaerobia é un dos máis adecuados para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, para a produción de enerxía a partir de residuos orgánicos e mais para o mantemento e posta en valor do valor fertilizante dos produtos procesados.A dixestión anaerobia pode aplicarse, entre outros, a residuos agrícolas e gandeiros, residuos urbanos (fracción orgánica de residuos urbanos, lodos de depuradoras municipais...) e os residuos procedentes da pesca e da industria (fundamentalmente agroalimentarios). Estes residuos poden ser tratados por separado ou en conxunto, o que se coñece como codixestión. O proceso de dixestión anaerobia é tamén axeitado para o tratamento de augas residuais de elevada carga orgánica, caso das producidas en industrias de alimentos diversos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus