Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Horizontes educativos na traxectoria do desenvolvemento humano

Pablo Montero Souto

  • Os Relatorios do Desenvolvemento Humano, publicados polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento dende a década dos noventa, conteñen un conxunto de importantes referentes pedagóxicos para validar a necesidade dunha educación social e ambiental de marcado carácter ético, cívico e político. Con tal hipótese, a lectura do concepto Desenvolvemento Humano, institucionalizado no seno da Organización das Nacións Unidas, suxire que a educación ten que servir para ampliar as opcións das persoas e dos grupos sociais, brindándolle a cadaquén a oportunidade de levar unha vida que teña motivos para participar de todos os beneficios deo seu desenvolvemento. En todod caso, remitindo estas cos actuais modelos de riqueza, crecemento, progreso, benestar social, calidade de vida eetc., tanto como coa xeración de alternativas que os veñan a substituír.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus