Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Outra leitura da historia da educación ambiental e algún apunte sobre a crise do presente

  • Autores: Pablo Ángel Meira Cartea
  • Localización: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, ISSN 1887-2417, Nº. 8, 2009 (Ejemplar dedicado a: Novas visións da educación ambiental, novas propostas), págs. 15-43
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A finalidade deste artigo é "deconstruír" a traxectoria da educación ambiental (EA) para intentar ir alén da visión histórica lineal, descontextualizada, sen suxeitos e sen conflictos, que predomina na literatura deste campo. As versións institucionalizadas adoitan partir da Conferencia dde Estocolmo (1972) e rematar coa última celebración consagrada polo sistema das Nacións Unidas, fito que lle corrresponde, hoxe por hoxe, ao IV Congreso Internacional sobre Educación Ambiental Ibilisi + 30, celebrado en Ahmedabad (India), no ano 2007.

      Neste itinerario ocupa un lugar centrall, equivalente a un mito fundacional, a conferencia celebrada en Tbilisi no ano 1977 e as recomendacións que nela se prpuxeron. Con esta aproximación histórico-crítica preténdese achegar algunha luz - ou, cando menos, unha luz distinta - á terefa de desentrañar e comprender a suposta - ou real - crise que se está a vivir no campo da EA e o papel que xoga nesta coxuntura o mito de Tbilisi. Como recurso metodolóxico adóptasse unha aproximación analítica a medio camiño entre a arqueoloxía do discurso foucaultiana e a socioanálise de Bourdieu.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno