Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Consumo responsable frente ao cambio climático: o Proxecto Piensaenclima

A. García Loizaga, Teresa Royo Luesma

  • O cambio climático é percibido como un dos maiores problemas a que se enfronta a humanidade, e pouco e pouco esta percepción está a se estender a todos os ámbitos sociais. Neste artigo centrámonos no consumo doméstico e na súa relación co cambio climático, pois unha análise do contexto fíxonos concluir que unha ferramenta útil para contribuír a se mitigar o cambio climático desde o ámbito do consumo doméstico consiste en ofrecerlles aos consumidores unha información sinxela, mais obxectiva e transparente, dos impactos das empresas sobre o clima. Neste sentido, outros estudos salientan a demanda de información a este respecto por parte da cidadanía. Así mesmo, sabemos que debe tratarse dunha información o máis simple posible, porque os consumidores tamén manifestan certo malestar polo exceso de información que se lles ofrece (diversidade de etiquetaxes, atención ao ambiental, ao social, ao saudable...). Tamén detectamos que a cidadanía expresa unha baixa credibilidade das mensaxes das empresas no que ten a ver co cambio climático, mentres que confían principalmente nos científicos e organizacións ambientais. O proxecto Piensaenclima aquí presentado analizou o desempeño en materia de cambio climático das maiores empresas de cinco sectores de consumo e presentou a información nun formato sinxelo destinado aos consumidores finais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus