Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Officinas eficientes

  • Autores: Evangelina Nucete Alvarez
  • Localización: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, ISSN 1887-2417, Nº. 7, 2009 (Ejemplar dedicado a: Estratexias de comunicación e educación ambiental frente ao cambio climático), págs. 177-190
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Seguindo a liña encetada en 2007 para lograrmos ámbitos de traballo máis sustentables e con menos pegada de carbono, WWF España presentou a finais de 2008 a campaña OFFicinas Eficientes, a través da cal pretende pór ao alcance de todo tipo de entidades, en particular as pemes e organizacións do terceiro sector, ferramentas e orientacións prácticas que lles permitan reducir as súas emisións de dióxido de carbono e mellorar a xestión enerxética das súas oficinas e centros de traballo. Como parte do proxecto, WWF elaborou a Guía de aforro e eficiencia enerxética en oficinas, con que as empresas e as organizacións poderán coñecer cales son os requisitos básicos necesarios para iniciaren un plan de aforro e eficiencia enerxética nos seus centros de traballo, e que accións son as que poden pór en marcha para reduciren os seus consumos enerxéticos e emisións de CO2. A guía compleméntase cun sinxelo programa que facilita o inventariado e seguimento do consumo de enerxía dos equipos e instalacións enerxéticas presentes no edificio, xunto con outros materiais de sensibilización enfocados a promoveren boas prácticas e hábitos de consumo responsables entre os traballadores, entre os cales se atopa o portal web www.officinaseficientes.es.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno