Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os efectos rebote e outros efectos secundarios dos programas para mitigar o cambio climático: unha mirada desde a educación e a comunicación

Francisco Heras Hernández

  • A adopción de fórmulas orientadas a reducir o consumo de enerxía ou as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) abre novas oportunidades para os comportamentos emisores ou engade novos atractivos aos xa posibles. Estes efectos secundarios recortan os aforros potenciais que poderían obterse con estas iniciativas. O presente artigo describe brevemente algúns destes efectos rebote e analiza as súas causas e protagonistas, así como os principais tipos de resposta no comportamento que os xeran. A seguir pásase a identificar algúns retos que os efectos rebote formulan nos campos da comunicación e a educación ambiental. En último termo, os efectos rebote evidencian a necesidade de recuperar unha perspectiva humana do reto da mitigación, e revelan, así mesmo, que sen unha cultura da autolimitación os esforzos para paliarmos o cambio climático dificilmente serán eficaces.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus