Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O incerto futuro de Ence en Galiza: a debate

  • Autores: Belén Rodríguez, Fins Eirexas Santamaría
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 58, 2009, págs. 25-28
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Dentro de nove anos, no 2018, o complexo Ence-Elnosa ten que pór fin á súa actividade de fabricación de pasta de papel en Pontevedra. Desde que se fixo pública a data de caducidade, a Administración viuse obrigada a responder a determinadas cuestións relacionadas co futuro da entidade empresarial en Galiza que precisan resposta: a partir do ano 2018, ou antes, irase Ence de Pontevedra? Será o seu peche o fin da súa actividade no país? Existe outra localización adecuada para a fábrica da celulosa en Galiza? Como vai influír a súa marcha no aproveitamento forestal do territorio galego? E desde un punto de vista económico ou social? Demasiadas preguntas que o anterior goberno non abordou don determinación e que, coa entrada dunha nova Administración "popular", quedan aínda máis sumidas no escurantismo da incerteza. O que si está claro, oa menos desde o eido ecoloxista, é a magnitude do impacto que a actividade de Ence ten suposto para o medio ambiente galego.

      ADEGA quixo retomar o debate sobre o futuro do completo Ence-Elnosa nun encontro entre os seus socios e socias e personalidades das universidades galegas, de grande pouso no ecoloxismo galego, convidados a analizar as posíbeis opcións dese futuro incerto. Tomaron posicións o ex-presidente de ADEGA e profesor de Enxeñaría Química na UDC, Manuel Soto Castiñeira, o Catedrático en Bioloxía e tamén ex-presidende de ADEGA, Ramón Varela, e o Catedrático en Economía Aplicada pola USC, Xabier Vence.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno