Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Intervención médica sobre pacientes obesos en atención primaria: Resultados a medio prazo

  • Autores: Francisco Vázquez Troitiño, Álvaro Rodríguez Pomares, Raquel Lemos Pérez, Salvador Pita Fernández
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 1, Nº. 2, 1994, págs. 58-60
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • FUNDAMENTO. O obxectivo do presente estudio é evaluar a eficacia, en termos de descenso ponderal dun programa desenrolado ó efecto.

      MÉTODOS. Estúdiase a evolución de 70 pacientes con sobrepeso >10%, adultos con edade media de 63±11,1 anos, dos cales o 85,7% son mulleres e que seguiron o programa entre marzo de 1992 e xullo de 1993 no centro de saúde de Seixo (Marín).

      A intervención basouse na captación dos pacientes na consulta ordinaria, descartando nunha primeira fase obesidade secundaria e provocando unha modificación conductual: dieta hipocalórica, exercicio físico e auto-control ponderal mediante controles médicos periódicos. A intervención realizouna un médico co seu cupo de pacientes.

      RESULTADOS. Os paciente foron seguidos durante un promedio de 10,8±3 meses. O descenso pondera do grupo foi de 4,4±4,6 kgrs. por persoa, p<0,0001. O 11,6% dos pacientes mantivo ou gañou peso. A perda de peso asociouse significativamente ó número de visitas realizadas, p<0,01; non existindo asociación coa edade, sexo ou tempo de seguimento. Na análise multivariada, tras controlar a idade, sexo, diabetes, dislipemia e H.T.A. a única variable que influeu no cambio ponderal significativamente foi o número de visitas-intervención por persoa.

      CONCLUSIÓN. Neste traballo corrobórase a eficacia dun programa de tratamento da obesidade seguido a medio prazo, no eido da atención primaria. Os resultados tiveron unha relación directa co número de visitas-intervención.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno