Ayuda
Ir al contenido

Resumen de Percepción social sobre xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia

Albino Prada Blanco, María Xosé Vázquez Rodríguez, Mario Soliño Millán

  • Neste artigo presentamos unha análise de percepción social sobre a xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia. Realizamos unha enquisa de percepción a unha mostra representativa da poboación galega. A análise de respostas permítenos analizar diferentes cuestións de percepción ou de coñecemento sobre a estrutura de consumo e a produción eléctrica, as vantaxes e os inconvenientes da produción de electricidade con fontes enerxéticas convencionais (e-FEC) e renovables (e-FER), as preferencias e as prioridades sobre a substitución de e-FEC por e-FER, etc. O estudo compleméntase cunha análise das respostas por grupos, atendendo a tres variables individuais: o nivel de estudos, o tamaño do hábitat de residencia e a idade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus