Esta investigación ten como obxectivo o seguimento do modelo de produción xornalística dos medios galegos, tomando como referente para a análise os elementos que configuran a metodoloxía de investigación e especialización de contidos. Os principais puntos que se tomarán en consideración son o modelo organizativo por áreas dentro de cada medio e a intedisciplinariedade na contextualización dos feitos. A partir destes datos determinarase cal é a rede estable de fontes e o impacto da organización das redaccións sobre a produción especializada. A metodoloxía empregada consta de dúas partes, unha de análise textual e outra de observación directa en cada un dos medios galegos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados