Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A xeografía galega en construción ou a posta en valor do espazo desde a periferia

  • Autores: Rubén Camilo Lois González, Xosé Constenla Vega
  • Localización: Revista galega de ciencias sociais, ISSN 1695-6427, Nº. 4, 2005, págs. 97-108
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Tras longa espera, podemos consensuar que a xeografía, no contexto das ciencias sociais na Galiza, áchase nun período de auxe ininterrompido desde hai -máis ou menos- unha década. Propoñemos nesta pesquisa, indagar nos razoamentos lóxicos que nos levaron a deducir esa afirmación. Seguiremos, para isto, unha dialéctica particular, onde o contexto histórico vainos axudar a comprender certas patoloxías endémicas sufridas, e onde o espazo, como campo de estudo da xeografía, configurará as eivas fundamentais da nosa situación científica, académica e profesional na Galiza. Ademais, empregaremos unha achega imprescindibel nos estudos de base territorial : a introdución da mudanza de escalas e o seu crozamento comprarado. Pretendemos así responder a unha serie de cuestións de partida; cal é a situación da xeografía no contexto cientista internacional? e ibérico? cal foi a súa evolución? como é percibida a situación da xeografía galega nestes ámbitos? cal é a importancia do labor académico e profesional da comunidade xeográfica galega alén do noso entorno máis próximo?


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno