Se partimos de Joyce e nos centramos nos eidos dramático (en canto literario) e teatral (en tanto escénico), as preguntas que suscita a lectura da obra dramática de Otero Pedrayo aumentan. Habería que falar da relación de Joyce con Irlanda, do seu posicionamiento fronte á realidade sociocultural e política do seu país, do Movemento Literario Angloirlandés, da Liga Gaélica ou do Abbey Theatre, que rexeitou a peza Exiles, logo estreada en Londres con dirección de Harold Pinter. Teriamos que falar dese texto dramático, dalgúns dos seus artigos críticos, da súa paixón por Ibsen, e do "capítulo" [15] ("Circe") do Ulysses. Poderíamos determinar paralelismos, contrastes, oposicións, coincidencias e moitas outras relacións entre a vida e a obra de dous autores que, no seu día, seguiron rumbos por veces opostos, por veces coincidentes. De seguirmos esa argumentación, tampouco deberiamos poerder de vista a obra de John Millington Synge, a de William Butler Yeats ou a de Ramón María del Valle-Inclán, para descubrir novas redes de intraccións (sequera virtuais). Unha liña de traballo, as relacións entre vangardas históricas e os movementos de liberación nacional na Europa do primeiro tercio do século XX, sobre a que habemos volver. Sirva esta breve reflexión, xa que logo, para presentar e compartir problemas e hipóteses de traballo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados