Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Producción, clasificación e comercialización da literatura. Os catálogos de Edicións Xerais de Galicia (1980-1995)

Xoán González-Millán

  • O obxectivo do presente estudio é documentar a través dos catálogos comerciais de Xerais de Galicia, nos seus primeiros quince anos (1980-1995), as tranformacións do discurso literario galego das últimas décadas, a súa percepción pública e sobre todo a súa institucionalización social. A hipótese de partida é que os catálogos actúan en representación dunha determinada política editorial, e como tales serven de guía e condicionan o comportamiento dos escritores; pero ó mesmo tempo reflicten as transformación que se van operando no espacio literario e na sociedade en xeral. A análise dos catálogos de Edicións Xerais, apoiada noutras fontes documentais, permite seguir o proceso de consagración e consolidación dunha nova imaxe social do libro nas últimas décadas e a transformación do campo editorial galego en xeral. De aí a lexitimidade epistémica e heurística dos catálogos como excelentes documentos para analizar os proxectos editoriais, o consumo social do producto-libro, as políticas culturais públicas e privadas, e os cambios na xerarquía e no grao de lexitimación dos diversos discursos sociais, entre eles , e de forma especial, o literario


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus