Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais . (Para ler González-Millán)

  • Autores: Arturo Casas
  • Localización: Anuario de estudos literarios galegos, ISSN 1133-4533, Nº. 2002, 2002, págs. 29-38
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A amplia producción teórica e crítica desenvolvida por Xoán González-Millán sobre materia literaria e sociocultural manifesta unha clara continuidade en tres niveis: a elección dos seus obxectos de análise (sobre todo, a cuestión nacional, a constitución histórica dos sistemas literarios e a consideración dos elemenos de inestabilidade textual e contextual), a determinación dun programa de investigación e a convición sobre as dimensións sociais e políticas do labor científico asumido. Maila isto, a súa intervención teórico-crítica experimentou desde finais dos anos setenta unha notábel evolución que coñeceu etapas de asimilación crítica dos modelos sistemáticos e da teoría dos campos sociais, para concluir nunha aposta pola reactivación dunha teoría crítica da cultura moi pendente dos rumbos da actual socioloxía cultural. os estudos poscoloniais e os estudos sobre a subalternidade. Esta plataforma constituiría a base dunha acción planificadora de alcance global, apta para a análise da diferenza cultura e con evidente aplicabilidade ao proxecto de construción nacional galega.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno