Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os Cadernos da Escola Dramática Galega. Dificultades para a construcción dunha alternativa para o teatro galego

David García Vidal

  • Tomando como punto de partida a teoría do polisistema de Itamar Even-Zohar e a teoría sobre o campo de producción cultural de Pierre Bourdieu, este traballo pretende facer unha análise dos problemas que atopou o xénero dramático en Galicia para a súa normalización no período de institucionalización da cultura galega trala morte de Franco e a chegada da democracia e da autonomía. A través do estudo da colección dos 105 volumes dos Cadernos da Escola Dramática Galega (1978-1994) e aplicando os conceptos de "nacionalismo literario" e "literatura nacional" desenvolvidos por Xoán González-Millán, chégase a unha serie de conclusións sobre as determinacións que a posición subsidaria do sistema literario galego, e especialmente do teatro, impuxo sobre a literatura dramática contemporánea.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus