Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Túmulo 5 de Forno dos Mouros (Ortigueira, A Coruña). Primeiros resultados

Patricia Mañana Borrazás

  • Preséntase os resultados das diversas campañas de escavación dun dos túmulos máis señeiros da comarca de Ortigueira e que pola contra, presentaba un estado de conservación pésimo: o túmulo 5 do conxunto de Forno dos Mouros, na serra de Coriscada. O obxectivo final destas intervencións foi, ademais de recuperar información sobre este monumento, preservar e acondicionar as súas estructuras para que fose comprensible a xente en xeral, así como integralo nun plan de posta en valor coma recurso cultural e turístico da comarca.

    Trátase dun xacementos de gran tamaño, cos restos de estructuras monumentais aínda que moi alterado nestes últimos séculos. A singularidade deste xacemento é a presencia das estructuras dun primeiro túmulo soterrado baixo as masa tumular do segundo, o que permitíu documentar un primeiro monumento que, polas datacións radiocarbónicas, corresponde ós inicio do megalitismo, coas estructuras centrais en un estado de conservación excepción, así como a complexidade do proceso constructivo que levou ó xacemento o seu aspecto final.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus