Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Funcións básicas das referencias intertextuais e o seu tratamento na tradución audiovisual

Lourdes Lorenzo García

  • No presente artigo realizamos un estudio das referencias intertextuais e o seu transvasamento nos textos audiovisuais (concretamente en dobraxe); en primeiro lugar describiremos as funcións principais destas referencias nos textos; en segundo lugar, procederemos a establecer as estratexias de tradución básicas e a avalialas nun pequeno corpus de traducións para dobraxe e os seus orixinais. Este estudio permitiranos chegar a tres conclusións básicas: (1) as referencias intertextuais semellan un universal de tradución, dado que son susceptibles de aparecer en textos de natureza diversa (publicidade, ensaios, literatura, películas¿); (2) a intertextualidade non esixe un tratamento tradutolóxico específico na tradución audiovisual diferente do que necesita noutro tipo de modalidades que combinan unha parte lingüística cunha imaxe (publicidade, cómics¿); (3) a súa localización, establecemento de funcións e valoración do coñecemento da referencia polo público potencial son pasos imprescindibles para proceder ao transvasamento oportuno, que se verá en última instancia condicionado polo plano visual.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus